Moitos nenos e nenas están a buscar unha casa con familia
Con Acolles+ poden atopar unha familia que os acolla co cariño e a dedicación que precisan. Quizais sexa a túa.

Sobre Acolles+: un programa de acollemento familiar especializado e con dedicación exclusiva de Aldeas Infantiles SOS
En que consiste o programa de acollida Acolles+?
Acolles+ é un proxecto de acollemento innovador, que busca familias para nenos e nenas tutelados pola Administración, que aínda non atoparon a súa familia acolledora.
O programa está dirixido a nenos e nenas con necesidades ou circunstancias especiais que lle dificultan o seu acollemento na modalidade ordinaria, grupos de irmáns priorizando que polo menos un deles sexa menor de 6 anos; nenos, nenas e adolescentes con necesidades educativas especiais; nenos, nenas e adolescentes con problemas de adaptación e/ou emocionais, ou con problemáticas físicas que requiren coidados moi específicos, entre outros.
Que tipo de familia buscamos?
Buscamos familias apaixonadas pola infancia, con capacidade de vínculo, de coidado, e con competencias parentais axeitadas.
O programa está dirixido a todo tipo de estruturas familiares, e non se require dunha formación específica.
Co fin de garantir unha dedicación exclusiva aos nenos e nenas, un adulto debe ter plena dispoñibilidade.
Como apoiamos as familias de acollida?
Neste proxecto traballamos de forma integral cos nenos e nenas e coas súas familias de orixe e de acollida.
Dende Aldeas Infantiles SOS ofrecémoslles apoio e seguimento ás familias de acollida, así como formación tanto inicial como continua.
Dada a dedicación exclusiva que precisan estes nenos e nenas, existe unha contraprestación económica para as familias de acollida, vinculada a unha relación contractual con Aldeas Infantiles SOS.

Ti podes dar unha oportunidade a nenos, nenas e adolescentes
Ofrecémoslles a nenos, nenas e adolescentes privados do coidado parental unha alternativa de coidados dende unha familia que lles proporcione un fogar seguro e estable mentres o precisen. Co teu afecto e dedicación, axudaralos a reparar o seu dano e a construír unha identidades positiva.
Cales son os pasos para
ser familia Acolles+?
FORMULARIO WEB
Como primeiro paso, enche o formulario desta web. Así poderemos coñecer mellor a túa familia: cantos sodes na casa e a vosa situación actual. Levarache apenas 3 minutos.
CHAMADA TELEFÓNICA
Unha vez recibido o formulario, contactaremos contigo para convidarte a participar nunha sesión informativa presencial, na que poderás afondar en tódolos aspectos do acollemento.
PROCESO DE VALORACIÓN
Tras o encontro informativo, iniciarase un proceso de valoración, no que se analizan as competencias parentais e a motivación cara ao acollemento de cada familia.
Fai agora a túa solicitude no programa Acolles+



